Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 20 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada (expediente 36057061513R e cinco máis).

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións das resolucións dos recursos de alzada presentadas polas persoas que se citan no anexo, publícanse mediante este edicto as notificacións das ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa; contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses (2) contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Informáselles a estas persoas que se citan no anexo que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 31), en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Vigo, 20 de xuño de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Nº de DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data da resolución

Alonso Ruzo, Celia Belén

36151899Q

36057061513R

Recurso de alzada desestimado

13.11.2015

Fernández Campo, María Pilar

76620023P

36057020014R

Recurso de alzada desestimado

13.11.2015

Machado Frade, Manuel Erlindo

35572106F

36039004614R

Recurso de alzada desestimado

22.1.2016

Soto Miguens, María Soledad

35482369Q

36060011114R

Recurso de alzada desestimado

13.11.2015

García Cortizo, Eudosia

76813210H

36043001414R

Recurso de alzada desestimado

4.2.2016

Valkov Stoyanov, Stoyan

X3353846D

36057028114R

Recurso de alzada desestimado

4.2.2016