1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.
Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato:
Descrición: servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes do concello de Vilagarcía de Arousa.
Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.
Prazo de execución: 2 anos.
3. Tramitación e procedemento:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento base de licitación:
Sen IVE: 1.510.385,06 €, IVE (21 %): 317.180,86 €, total: (IVE incluído): 1.827.565,92 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono 986 09 92 00; fax 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativa particulares.
Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de ofertas: ata o 8 de agosto de 2016 ás 13.30 horas. Lugar: A través da Plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia (www.leal.gal).
Admisibilidade de variantes ou melloras: si.
9. Apertura dos sobres 2 e 3: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.
10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato será a cargo do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas Particulares.
Vilagarcía de Arousa, 27 de xuño de 2016
Alberto Varela Paz
Alcalde