Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29369

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (185/2014).

Eu, José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 185/2014, seguido por instancia de Fuel Iberia, S.L. fronte a Alquileres Narón, S.L. ditouse sentenza cuxo teor literal da resolución é o seguinte:

«Fallo que debo admitir e admito integramente a demanda presentada por Fuel Iberia, S.L.U. contra Alquileres Narón, S.L. e condeno a segunda ao pagamento de:

1. Mil seiscentos oitenta euros con oitenta e catro euros (1680,84 €), principal da factura número 2011/551/00661, emitida o 28.7.2011, con vencemento o 27.8.2011.

2. Os xuros da mencionada cantidade nos termos da Lei 3/2004, desde a data do vencemento.

3. As custas do procedemento.

Advirto ás partes que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E encontrándose o devandito demandado, Alquileres Narón, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 4 de xuño de 2014

José Miguel Regueiro Pérez
Secretario xudicial