De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Antonio Abuín Sánchez, en representación de Salgado 98, S.L., no expediente número LUG/216/2014-RP1, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 24 de novembro de 2015, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que declaran ilegallizables, e se ordena a demolición, das obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía residencial, no lugar de Monte Riloso-Manzoi, na parroquia de San Martiño de Carballido, no termo municipal de Lugo.
O expediente mencionado encóntrase á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que considere procedentes.
Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRJPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística