Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29310

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2016.

Mediante a Orde do 22 de decembro de 2015 (DOG nº 248, do 30 de decembro), da Consellería de Economía, Emprego e Industria, establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2016.

Nas bases reguladoras establécese que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez aprobada a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 30 de maio de 2016, e sen que se formulasen reclamacións, mediante a resolución da Secretaría Xeral de Emprego, do 17 de xuño de 2016, aprobouse a concesión dos premios.

Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2016 ás entidades que se indican a seguir:

Premios aos valores cooperativos a 7H, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio ao mellor proxecto cooperativo a Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio á promoción do cooperativismo a Ítaca Software Libre, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego