Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras-Rúa A-parcela U2-Lugo.
Denominación: modificado CT 630 kVA na avenida Arcadio Pardiñas, 203.
Situación: concello de Burela.
Características técnicas:
1. LMT soterrada a 20 kV consistente en anelar o CT proxectado entre o CT avda. Arcadio Pardiñas, 206 e o CT Camino Andiana, cunha lonxitude de 188 metros en condutor tipo RHZ1-240 e RHZ1-150.
2. CT avenida Arcadio Pardiñas, 203 en edificio de obra civil, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 630 kVA, cunha relación de transformación de 20.000-400-230 V.
3. RBT soterrada formada por tres circuítos, con orixe no CT proxectado e final nas CXP situadas en cada un dos portais do edificio que se vai electrificar.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 17 de xuño de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo