En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, no 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 17.2 dos estatutos da Axencia Galega de Innovación, aprobados polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, por proposta do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de xullo de dous mil dezaseis,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Manuel Antonio Varela Rey, como director da Axencia Galega de Innovación, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, sete de xullo de dous mil dezaseis
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria