Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (800/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 800/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Quinteiro Seijo contra Limperhostel, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza 272/2016.

A Coruña, 14 de xuño de 2016.

Decido.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Isabel Quinteiro Seijo fronte á empresa Limperhostel, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, por elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, é a seguinte:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 2.037,42 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza calculados a razón de 41,16 €/día.

3. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles de que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao de notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limperhostel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 14 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza