Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29360

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 15 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento regulamentario, de varios postos de supervisor/a de área funcional do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo) polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, da Orde do 5 de xuño de 2012 (DOG nº 39, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada da Coruña

RESOLVE:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, varios postos de supervisor/a de área funcional que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña/Espazo do Profesional e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados, deberán presentarse no rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital A Coruña, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña) dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 15 de xuño de 2016

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Área funcional

Centro

Nº prazas

Calidade

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

1

Recursos Humanos

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

1