Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 28983

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO-4492/2008-E).

Procedemento ordinario 4492-2008-E

Recorrente: Ciudad de la Pesca Vigo, S.L.

Procurador: Elena Miranda Osset

Letrado: Javier García Martínez

Admón. demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Dirección Xeral de Urbanismo

Letrado da Xunta de Galicia

Codemandado: Concello de Vigo

Procurador: Antonio Pardo Fabeiro

Letrado: letrado dos servizos xurídicos do Concello de Vigo

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4492/2008 se acordou expedir este edicto, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo con data do 11 de novembro de 2015, e se remita a esta sección copia da folla en que se publique, con indicación da data, para a súa unión ao recurso de referencia.

Texto.

«Resolvemos:

1º. Que debemos declarar e declaramos que é procedente o recurso de casación nº 1824/2014, interposto polo procurador Ramón Rodríguez Nogueira, en nome e representación da entidade mercantil Ciudad de la Pesca de Vigo, S.L., contra a Sentenza do 20 de febreiro de 2014, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Segunda) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo nº 4492/2008, sentenza que casamos e anulamos.

2º. Que estimando o recurso contencioso-administrativo nº 4492/2008, interposto pola mencionada parte agora recorrente, debemos declarar e declaramos a nulidade de pleno dereito da Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia do 18 de maio de 2008, pola que se aproba definitiva e parcialmente o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo, así como a posterior Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 13 de xullo de 2009, que aprobou definitivamente o documento de cumprimento da citada orde en canto ás cuestións que na primeira quedaron en suspenso, nulidade que comprende tamén a do propio Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo aprobado nelas.

3º. Non formulamos declaración expresa sobre condena ao pagamento das custas procesuais causadas na instancia, nin tampouco neste recurso de casación».

Así, por esta nosa sentenza, que deberá inserir o Consello Xeral do Poder Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste Tribunal Supremo, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

A Coruña, 14 de xuño de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza