Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 29053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, da subministración dun equipamento automático para a montaxe de preparacións citolóxicas e histolóxicas na unidade de patoloxía (expediente E02/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun equipamento automático para a montaxe de preparacións citolóxicas e histolóxicas na Unidade de Patoloxía do Intecmar.

c) Prazo de execución: o prazo de execución será de 30 días naturais, contados desde o día seguinte ao da formalización do contrato (ou prazo menor ofertado polo licitador).

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV: 33190000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada (documentalmente simplificado).

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación:

a) Importe neto: 28.000,00 €; IVE (21 %): 5.880,00 €, importe total: 33.880,00 €.

b) Valor estimado: 28.000,00 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes F e G da folla de especificacións.

7. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Xerencia do Intecmar.

b) Domicilio: peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

c) Teléfonos: 986 51 23 20 e 986 51 23 22 (consultas administrativas e técnicas).

d) Telefax: 986 51 23 00.

e) Enderezo electrónico: administracion@intecmar.org

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío da oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 51 23 00), ou correo electrónico (administracion@intecmar.org).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Dirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

b) Localidade e código postal: peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa.

c) Datas e horas: a data e a hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicación: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Vilaxoán, 15 de xuño de 2016

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Intecmar