Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 29019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos de INEO, Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a modificación dos estatutos da Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación, que consiste na modificación de diversos artigos dos seus estatutos, entre eles o que afecta a súa denominación que, en virtude da dita modificación, pasa a denominarse Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia, e o seu domicilio social que pasa a ser en el polígono empresarial Porto do Molle-Centro de Negocios Rúa das Pontes-Vía A nº 4, oficina 119, Nigrán, segundo indica a certificación da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 10 de maio de 2016.

– Ámbito Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación as persoas físicas ou xurídicas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación e cumpran os requisitos indicados no artigo 5.1.

– Asinantes: Carlos Conde Gil (presidente) e Carlos Abal Valverde (secretario).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego