Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 28956

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de xuño de 2016, polo que se declara municipio turístico galego o concello de Portomarín na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 19 do Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, polo que se regula a declaración de municipio turístico, a Dirección da Axencia Turismo de Galicia dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de xuño de 2016, que a seguir se transcribe:

«Declarar municipio de interese turístico galego, de conformidade co establecido no Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, polo que se regula a declaración de municipio turístico, ao seguinte:

• O concello de Portomarín na provincia de Lugo».

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia