Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 28910

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2016/2017, e se procede á súa convocatoria.

A Lei do deporte de Galicia, Lei 3/2012, do 2 de abril, dedica o seu título II ás competencias das administracións públicas galegas en materia de deporte, na cal o artigo 5 consagra as competencias que lle corresponden á Administración autonómica, segundo o establecido no artigo 27.22 do Estatuto de autonomía de Galicia, especificando no punto 1, letra m) a atribución desta Administración no fomento e regulación do deporte e dos deportistas de alto nivel de Galicia, así como os seus beneficios.

En prol da definición da política deportiva autonómica, fixando as directrices e programas de fomento e desenvolvemento do deporte galego dos seus diferentes niveis, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia está a dotar o deporte de alta competición dos medios necesarios para a mellora do seu nivel técnico. Con este obxectivo, establécense as bases reguladoras da concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante CGTD) para a tempada 2016/2017, e se procede á súa convocatoria, que se axustará ás seguintes disposicións xerais:

CAPÍTULO I
Disposicións comúns

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

1.1. A presente convocatoria ten por obxecto a concesión das bolsas para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante CGTD), co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.

1.2. Para os efectos da presente resolución, o CGTD dispón das instalacións situadas na cidade de Pontevedra, na rúa Padre Fernando Olmedo 1 e o Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal (Pontevedra-Verducido), así como as relativas ao Centro Galego de Vela, situado na Rampa de Cavadelo s/n na localidade de Vilagarcía de Arousa. Todas elas cualificadas, xunto cos programas que nelas se desenvolven, polo Consello Superior de Deporte na Resolución do 27 de maio de 2014, publicada no BOE nº 137, do 6 de xuño, como instalacións deportivas para o desenvolvemento do deporte de alto nivel e competición.

Artigo 2. Réxime xurídico

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

– Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

– Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (capítulo IV).

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Artigo 3. Solicitudes. Forma, lugar e prazo de presentación

3.1. Poderán presentar solicitudes para esta convocatoria, as federacións deportivas de modalidades olímpicas e paralímpicas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD, presentando candidatos se contan cun grupo de tecnificación e/ou rendemento con deportistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 desta Resolución e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Secretaría Xeral para o Deporte.

3.2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel preferiblemente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, rúa Padre Fernando Olmedo, 1, 36002 Pontevedra, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

Cada solicitude deberá ir acompañada dos seguintes anexos:

a) Para os solicitantes das instalacións do CGTD situadas en Pontevedra:

Documentación

Unidades

Anexo II - Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2016/17.

1

Anexo III - Proposta equipo técnico.

1 por persoa

Anexo IV - Adestrador responsable da sección deportiva: declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade.

1

*Anexo V - Adestrador responsable de grupo: declaración de coñecemento das súas funcións.

1 por persoa

Anexo VI - Valoración dos deportistas.

Documentación requirida no anexo III.

– Titulación: licenciado ou grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico deportivo superior (no caso de non autorizar a súa consulta), ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

– Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida.

– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.

– Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais (no caso de non autorizar a súa consulta).

1 por persoa

* En caso de haber adestradores de grupo

b) Para os solicitantes das instalacións situadas en Vilagarcía de Arousa no Centro Galego de Vela:

Documentación

Unidades

Anexo II - Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2016/17.

1

Anexo III - Proposta equipo técnico.

1 por persoa

Anexo VI - Valoración dos deportistas.

Documentación requirida no anexo III.

– Titulación: licenciado ou grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico deportivo superior (no caso de non autorizar a súa consulta), ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

– Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida.

– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.

– Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais (no caso de non autorizar a súa consulta).

1 por persoa

3.3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.4. O formulario de solicitude e demais anexos requiridos estarán tamén dispoñibles na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte https://deporte.xunta.es. Poderanse cubrir e imprimir a través desta web.

3.5. O prazo de presentación das solicitudes por parte das federacións deportivas será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Durante este prazo os deportistas, individualmente o ben por medio da súa entidade deportiva, poderán manifestar á federación da modalidade deportiva a que pertenzan o seu interese en seren incluídos no seu proxecto deportivo.

3.6. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral para o Deporte. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral para o Deporte, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid núm. 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a secretaria.deporte@xunta.gal.

Artigo 4. Avaliación de solicitudes

Crearanse dúas comisións de avaliacións das solicitudes, a Comisión de Análise e Comisión de Selección.

4.1. Comisión de Análise.

Haberá unha por cada federación galega que solicite a renovación/incorporación do seu programa e estará formada por:

– Presidente: director/a do CGTD.

– Vogal: subdirector/a do CGTD.

– Vogal: presidente da federación galega correspondente ou persoa en quen delegue.

– Vogal: director técnico da federación galega correspondente ou persoa en quen delegue o presidente.

– Vogal: un representante da Secretaría Xeral para o Deporte.

As funcións da Comisión de Análise serán:

– Analizar a documentación presentada pola federación.

– Comprobar o cumprimento dos diferentes aspectos da convocatoria.

– Informar a federación dos aspectos que requiran ser modificados ou completados.

4.2. Comisión de Selección.

A Comisión de Selección estará constituída por:

– Presidente: subdirectora xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Vogal: director/a do CGTD.

– Vogal: subdirector/a do CGTD.

– Vogal: técnico da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Secretario: funcionario da Secretaría Xeral para o Deporte.

As funcións da Comisión de Selección serán:

– Valoración das solicitudes posteriormente á análise realizada destas pola Comisión de Análise.

– Valoración e ratificación, se é o caso, dos informes emitidos pola Dirección do centro sobre a estadía como bolseiro do CGTD durante o curso escolar anterior a esta convocatoria, daqueles deportistas que soliciten a renovación da bolsa.

– Elevar ao secretario xeral para o Deporte a proposta de resolución, en virtude da cal se outorgará a concesión das bolsas para o CGTD na tempada e curso escolar 2016-2017.

A Comisión de Selección poderá modificar a orde da lista, eliminar algún dos candidatos presentados ou introducir algún deportista con base nos criterios de selección establecidos no punto sexto desta orde.

A Secretaría Xeral poderá solicitar todas as xustificacións que considere necesarias sobre a orde na que os deportistas son propostos pola federación, e/ou sobre a ausencia dalgún destacado deportista na lista.

Artigo 5. Obrigas das federacións deportivas solicitantes

5.1. As federacións quedarán obrigadas a publicar nas súas páxinas web esta convocatoria, así como unha relación dos deportistas que manifestaron o seu interese para seren incluídos no seu proxecto deportivo.

5.2. As federacións deportivas galegas sobre unha base dun proxecto deportivo integral no que figure un grupo de adestramento e unha cobertura técnica suficiente que garante a preparación dos deportistas, tal e como se especifica no anexo II, deberán realizar un estudo previo de todos os deportistas recollidos no proxecto deportivo.

5.3. No punto 10 do índice do proxecto deportivo (anexo II), as federacións deberán incluír a todos os deportistas que, en tempo e forma, solicitaron formar parte desta listaxe. Se algún dos deportistas non cumprise todos os requisitos establecidos no artigo 10 desta convocatoria, a federación deberá indicalo con claridade.

5.4. No caso dos deportistas propostos por primeira vez (nova admisión) para o grupo de tecnificación, as federacións deberán solicitar ás familias copia do boletín de notas de xuño de 2016 ou ben un certificado de notas, que despois deben incorporar ao anexo VI de cada deportista.

Artigo 6. Instrución do procedemento

6.1. Correspóndelle á Comisión de Selección, establecida no artigo 4.1, a instrución do procedemento.

6.2. Finalizado o prazo para a presentación das solicitudes, a Comisión de Análise estudará a documentación presentada polas federacións deportivas (anexo II) e comprobará o cumprimento de todos os aspectos da convocatoria, sendo a federación deportiva galega a responsable da autenticidade dos datos achegados.

6.3. Unha vez rematado o estudo por parte da Comisión de Análise da documentación presentada por cada federación deportiva, o/a presidente/a desta remitirá a totalidade da documentación presentada que cumpra as exixencias contidas nestas bases á Comisión de Selección, que será a encargada da valoración das solicitudes recibidas e formulará a proposta motivada de resolución provisional, que será comunicada aos solicitantes (federacións deportivas) e que deberá expresar:

– As federacións solicitantes.

– Os deportistas bolseiros.

– O réxime da bolsa concedida.

6.4. As federacións terán un prazo de 5 días naturais contidos desde o seguinte á comunicación da lista provisional, para facer as alegacións que a consideren oportunas. O prazo rematará ás 14.30 horas do quinto día. Se a fin do prazo coincidise cun día non hábil, prorrogarase ata as 14.30 horas do día hábil seguinte. Estas alegacións deberán remitirse ao enderezo de correo electrónico cgtd@xunta.gal.

Artigo 7. Resolución e notificación

7.1. Rematados os exames da convocatoria extraordinaria (setembro), a Comisión de Selección tendo en conta os seus resultados, formulará a proposta motivada de resolución definitiva, que será elevada ao titular da Secretaría Xeral para o Deporte, órgano encargado de resolver sobre a concesión ou denegación das solicitudes presentadas.

7.2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución non poderá exceder os tres meses contados desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no DOG. Esgotado este prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente por silencio administrativo.

7.3. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación levarase a cabo mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, con indicación das federacións solicitantes, os deportistas bolseiros e o réxime da bolsa concedida.

7.4. Notificada a resolución polo órgano concedente, o beneficiario disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Artigo 8. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o secretario xeral para o Deporte no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

CAPITULO II
Bolsas para as instalacións do CGTD situadas en Pontevedra

Artigo 9. Natureza, número e duración das bolsas

9.1. Natureza.

9.1.1. Grupo de tecnificación.

Deportistas que fagan 15, 16, 17 ou 18 anos en 2017 (nados nos anos 2002, 2001, 2000 e 1999). Excepcionalmente poderanse atender solicitudes que por razóns académicas non se axusten ao rango de idade sinalado: alumnos de altas capacidades que, logo de autorización da Consellería de Educación cursen 3º de ESO con menos de 15 anos e alumnos de 2º de bacharelato que por ter repetido algún curso, antes do seu ingreso no CGTD, superen os 18 anos.

– Praza de residente: residentes de fóra do Concello de Pontevedra.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, aloxamento (de domingo a xoves) e manutención completa (de luns a venres), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

– Praza de externo 1: residentes no Concello de Pontevedra.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

9.1.2. Grupo de rendemento

Deportistas de máis de 18 anos.

– Praza de residente: deportistas que fagan de 19 a 25 anos en 2017 (nados do ano 1998 ao 1992) que residan fóra do Concello de Pontevedra, que estean matriculados nalgún centro educativo.

Beneficios da praza: aloxamento (de luns a domingo) e manutención completa (de luns a venres), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Praza de externo 2: deportistas que fagan de 19 a 25 anos en 2016 (nados do ano 1997 ao 1991).

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Praza de externo 3: deportistas maiores de 18 anos.

Beneficios da praza: instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Elite: deportistas maiores de 25 anos.

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia (de luns a venres), instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

A adxudicación do tipo de praza (externo 2, externo 3 ou elite) está determinada ademais pola aplicación dos criterios establecidos no punto sexto desta convocatoria.

9.2. Número de bolsas.

Convócanse un máximo de 195 prazas.

– Grupo de tecnificación:

90 prazas a distribuír entre os cursos 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

– Grupo de rendemento:

1. Ata 12 prazas de residente (grupo rendemento).

2. Externo 2, externo 3 e elite, ata un máximo de 93 prazas. A decisión da Comisión de Selección segundo os criterios establecidos no punto sexto da convocatoria.

A Secretaría Xeral para o Deporte, vista a proposta da Comisión de Selección, poderá cubrir ou non a totalidade das prazas ofertadas.

9.3. Duración das bolsas.

A duración das bolsas será desde o 15 de setembro de 2016 ata ao 31 de xullo de 2017, exceptuando o grupo de residentes de tecnificación que rematará a última semana de clases.

Artigo 10. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das bolsas para deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva todos aqueles deportistas que desde o momento de facer a solicitude cumpran os requisitos que se detallan a continuación:

– Ter nacionalidade española.

– Estar en posesión da licenza deportiva, na modalidade para a que se presenta a solicitude, emitida pola federación galega correspondente ou ben pola federación española correspondente no caso de que a federación galega da modalidade en cuestión non estivese integrada na federación española.

Poderase valorar, segundo informe técnico da Comisión de Selección e como caso excepcional, o incumprimento deste requisito unicamente nas bolsas de elite.

– Para os grupos de tecnificación, deberase pertencer a un club deportivo galego ou sociedade anónima deportiva dada de alta no Rexistro de entidades deportivas de Galicia, así como estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Os deportistas propostos para praza de residencia ou de externo 1 deberán ter promocionado de curso na convocatoria ordinaria de xuño 2016 ou na extraordinaria de setembro 2016 (non se considera a promoción por imperativo legal). Excepcionalmente, poderase considerar a posibilidade de repetición daqueles deportistas cuxas federacións xustifiquen que participaron, con posibilidade de seguir participando, en campionatos de Europa, do mundo e/ou xogos olímpicos.

Non poderán obter a condición de beneficiarios aquelas persoas que concorren nalgunha das circunstancias establecidas a continuación:

– Non obter un «Apto» na análise médica realizada polo equipo médico do CGTD previamente á formalización da matrícula.

– Ter un informe negativo da Dirección do CGTD e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da Comisión de Selección (punto 8.2. da presente convocatoria) sobre o seu comportamento durante a súa estancia como bolseiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante o curso inmediatamente anterior ao desta convocatoria.

– Estar sancionado en firme por dopaxe.

– Estar sancionado en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE do 19 de febreiro de 1993).

– Estar sancionado en firme por algunha das infracción previstas no artigo 97 da Lai 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Artigo 11. Criterios de valoración

Estes criterios non serán de aplicación aos deportistas pertencentes ao Proxecto Tokio 2020 da Secretaría Xeral para o Deporte, que, cumprindo os requisitos desta convocatoria, terán acceso directo a estas bolsas, supeditando, en todo caso, a adxudicación á garantía da máxima rendibilidade e utilidade do centro, dos seus servizos e das súas instalacións.

11.1. Criterios de valoración para os deportistas de tecnificación.

Todos os méritos que se vaian valorar nos criterios deportivos e académicos que a continuación se detallan deberán estar debidamente reflectidos no anexo VI desta convocatoria.

Non serán valorados os méritos deportivos acadados nos campionatos de España de clubs, nos campionatos de España por seleccións, nin tampouco en copas ou competicións internacionais de clubs.

Non serán susceptibles de valoración os resultados acadados en embarcacións de equipo formadas por máis de dous deportistas ou en competicións por equipo (por exemplo, nas probas de relevo de atletismo) coa excepción dos resultados obtidos en competicións internacionais formando parte da selección española.

Non se valorarán os resultados deportivos acadados en categorías máster ou veteranos.

11.1.1. Criterios deportivos:

Co fin de evitar a procura do alto rendemento en idades temperás e de contribuír a que o adestramento deportivo discorra guiado por principios pedagóxicos e de adestramento deportivo en idades novas, a valoración do rendemento deportivo vai variar en función da categoría na que o deportista proposto competise no ano no que se publica esta convocatoria de bolsas, e do seu ano de nacemento, quedando como seguen:

a) Para valorar aos deportistas nados nos anos 2001, 2000 ou 1999:

– Mellor resultado no Campionato de España do ano 2015 ou 2016 (de 10 a 4 puntos):

-1º posto: 10 puntos.

-2º posto: 9 puntos.

-3º posto: 8 puntos.

-4º posto: 7 puntos.

-5º posto: 6 puntos.

-6º posto: 5 puntos.

-7º posto: 4 puntos.

– Mellor resultado no Campionato Galego do ano 2015 ou 2016 (de 5 a 1 punto):

-1º posto: 5 puntos.

-2º posto: 4 puntos.

-3º posto: 3 puntos.

-4º posto: 2 puntos.

-5º posto: 1 punto.

b) Para valorar os deportistas nados no ano 2002 ou anteriores, segundo o recollido no punto 9.1.1 desta convocatoria, nas federacións nas que non haxa Campionato de España na categoría infantil e así o especifiquen no anexo II desta convocatoria, a valoración do resultado no Campionato Galego será o seguinte;

-1º posto: 13 puntos.

-2º posto: 12 puntos.

-3º posto: 11 puntos.

-4º posto: 10 puntos.

-5º posto: 9 puntos.

Deportistas que competiron formando parte da selección española en modalidades olímpicas nos últimos 2 anos: ata 5 puntos distribuídos así:

– Se competiron nos campionatos do Mundo: 5 puntos.

– Se competiron nos campionatos de Europa: 4 puntos.

– Se competiron en copas do Mundo: 3 puntos.

– Se competiron en copas de Europa: 2 puntos.

Ademais, para ter en conta a orde de prioridades establecida por cada federación no anexo II, outorgaríanselle puntos adicionais a cada deportista de tecnificación (nados no ano 2002 ou anteriores, 2001, 2000 e 1999), en función do posto que ocupasen na orde de prioridades reflectida no punto 10 do anexo II desta convocatoria, quedando así:

– 1º da lista: 10 puntos adicionais.

– 2º da lista: 9 puntos adicionais.

– 3º da lista: 8 puntos adicionais.

– 4º da lista: 7 puntos adicionais.

– 5º da lista: 6 puntos adicionais.

– 6º da lista: 5 puntos adicionais.

– 7º da lista: 4 puntos adicionais.

– 8º da lista: 3 puntos adicionais.

– 9º da lista: 2 puntos adicionais.

– 10º da lista: 1 punto adicional.

11.1.2. Criterios académicos:

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota superior a 8: 5 puntos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota media entre 6 e 8: 4 puntos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota media inferior ao 6: 2 puntos.

11.1.3. Outros criterios:

a) Deportista bolseiro do grupo de tecnificación no curso escolar anterior a esta convocatoria:

No caso de deportistas que aspiren a renovar a súa bolsa de tecnificación terase en conta a valoración final residencial sobre o grao de aproveitamento e adaptación aos servizos residenciais conforme as normas de convivencia durante o curso 2015-2016, da seguinte forma:

Valoración final satisfactoria: 2 puntos.

Valoración final mellorable: 1 punto.

Valoración final non satisfactoria: -1 punto.

b) Caso de empate a puntos na derradeira praza do grupo de tecnificación.

Neste caso teranse en conta os seguintes criterios pola orde establecida a continuación;

– O deportista que opte por renovar a súa praza no CGTD fronte ao que se incorpora ao centro por primeira vez.

– No caso de que os deportistas empatados fosen os dous de renovación ou os dous de nova incorporación, entraría o que obtivo maior puntuación na valoración do rendemento deportivo.

– En caso de continuar o empate, entraría o que tivese a nota media máis alta no expediente académico do derradeiro curso.

11.2. Criterios de valoración para os deportistas de rendemento.

11.2.1. Prazas de residente.

a) Deportistas que no curso anterior 2015-2016 estiveron formando parte dun grupo de tecnificación no CGTD: 3 puntos.

b) Deportistas incluídos nalgún programa de axuda ao deportista olímpico/paralímpico (bolsas ADO, ADOP, podium): 5 puntos.

c) Deportistas que acadaron un resultado entre os 8 primeiros, no último Campionato de Europa da súa categoría en modalidades olímpicas, ata 8 puntos:

-1º posto: 8 puntos.

-2º posto: 7 puntos.

-3º posto: 6 puntos.

-4º posto: 5 puntos.

-5º posto: 4 puntos.

-6º posto: 3 puntos.

-7º posto: 2 puntos.

-8º posto: 1 punto.

e) Deportistas que acadaron un resultado entre os 10 primeiros, no último Campionato do Mundo da súa categoría en modalidades olímpicas, ata 10 puntos:

-1º posto: 10 puntos.

-2º posto: 9 puntos.

-3º posto: 8 puntos.

-4º posto: 7 puntos.

-5º posto: 6 puntos.

-6º posto: 5 puntos.

-7º posto: 4 puntos.

-8º posto: 3 puntos.

-9º posto: 2 puntos.

-10º posto: 1 punto.

No caso de que houbese empate para acceder á derradeira bolsa no grupo de residentes de rendemento, terase en conta os seguintes aspectos pola orde aquí establecida:

– O deportista que opte por renovar a súa praza no CGTD fronte ao que se incorporase ao centro por primeira vez.

– No caso de que os deportistas empatados fosen os dous de renovación ou os dous de nova incorporación, entraría o que obtivo unha maior puntuación sumando os puntos correspondentes ao posto obtido no último Campionato de Europa e no último Campionato do Mundo.

– En caso de continuar o empate, entraría o deportista que obtivo un mellor posto no último Campionato do Mundo.

– O deportista que, estando proposto para acceder a unha bolsa de residente no grupo de rendemento, non conseguise acceder a elas, pasará a lista de candidatos ao resto de bolsas de rendemento, segundo os méritos alegados e os criterios recollidos nesta convocatoria.

11.2.2. Prazas de externo 2.

Seguindo esta orde de prioridades ata cubrir as prazas ofertadas.

1º. Para deportistas participantes no Campionato do Mundo, Campionato de Europa ou Copa do Mundo nos anos 2015 ou 2016.

2º. Para deportistas que, no momento da publicación da convocatoria, estean entre os 2 primeiros postos da clasificación nacional da súa categoría na presente tempada (2015/2016).

3º. Para deportistas campións ou subcampións de España en modalidades olímpicas no ano 2015 ou 2016.

4º. Para deportistas que participaran en competicións oficiais coa selección española en modalidades olímpicas durante os dous últimos anos.

11.2.3. Prazas de externo 3.

Segundo esta orde de prioridades ata cubrir as prazas ofertadas.

1º. Deportistas maiores de 18 anos que quedasen nos postos 3º ou 4º no Campionato de España do ano 2015 ou 2016.

2º. Deportistas maiores de 18 anos que ocupen os postos 3º e 4º da clasificación nacional no momento da publicación da convocatoria.

3º. Deportistas maiores de 18 anos que xustifiquen ter a condición de DGAN ou DAN en vigor.

4º. Deportistas maiores de 18 anos que participaran nos últimos campionatos de Europa ou Campionato do Mundo nunha modalidade non olímpica.

5º. Deportistas maiores de 18 anos que quedaran nun 1º posto no Campionato de España do ano 2016, en modalidades non olímpicas, tendo que contar con polo menos 15 participantes na proba a que fai referencia o 1º posto.

6º. Deportistas maiores de 18 anos que ocupen o 1º posto da clasificación nacional, no momento da publicación da convocatoria, en modalidades non olímpicas.

11.2.4. Prazas élite.

Seguindo esta orde de prioridades ata cubrir as prazas ofertadas.

1º. Deportistas maiores de 25 anos con participación nos últimos XXOO, xogos paralímpicos.

2º. Deportistas maiores de 25 anos participantes no Campionato do Mundo, Campionato de Europa ou Copa do Mundo nos anos 2015 ou 2016 en modalidades olímpicas ou paralímpicas.

3º. Deportistas maiores de 25 anos que, no momento da publicación da convocatoria, estean entre os 2 primeiros postos da clasificación nacional.

4º. Deportistas maiores de 25 anos que participasen coa selección española durante os dous últimos anos.

En caso de que houbese máis candidatos que prazas dispoñibles para acceder as bolsas de rendemento correspondentes a elite, externo 2 ou externo 3, procederíase segundo os criterios a continuación sinalados por orde de prioridade:

– Os que ocupasen unha praza de elite sobre os que ocupase unha de externo 2 ou de externo 3.

– Os que ocupasen unha praza de externo 2 sobre os que ocupasen unha praza de externo 3.

– Os que renovasen a súa bolsa fronte aos que se incorporasen por primeira vez ao centro.

Artigo 12. Equipo técnico proposto pola federación correspondente

12.1. As federacións disporán dun equipo técnico para o correcto desenvolvemento do proxecto deportivo presentado (anexo II), en todo caso, atendendo ao establecido nesta convocatoria. A relación laboral entre os membros do equipo técnico e a federación deportiva da que dependen deberá axustarse en todo momento á lexislación laboral vixente. En ningún caso este persoal federativo gardará relación laboral ou doutro tipo coa Secretaría Xeral para o Deporte.

12.2. O equipo técnico deberá cumprir o establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE do 29 de xullo de 2015).

O equipo técnico estará formado por:

– Un adestrador responsable da sección deportiva obrigatoriamente.

– Un substituto nomeado para cubrir as ausencias do responsable obrigatoriamente.

– Un ou varios adestrador/es responsable/s de grupo con carácter opcional.

12.3. O adestrador responsable da sección deportiva.

Será a persoa con maior responsabilidade desa sección deportiva no CGTD e deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Titulación: licenciado ou grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico deportivo superior, ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

b) Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida.

c) Non estar afectado por incompatibilidade.

d) Deberá estar presente nos adestramentos.

12.4. Adestrador de grupo.

Terá a responsabilidade do seu grupo de adestramento e deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Titulación: licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico deportivo superior, ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

b) Non estar afectado por incompatibilidade.

c) Deberá estar presente nos adestramentos do seu grupo.

12.5. Prohibicións.

Os membros do equipo técnico non poderán adestrar outros deportistas no horario do grupo de adestramento do CGTD sen autorización da dirección.

12.6. Funcións dos adestradores.

Serán as recollidas nos anexos IV e V da presente convocatoria.

Sen prexuízo do anteriormente dito, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá desestimar a proposta do responsable dos programas e/ou doutros membros do equipo técnico feita pola federación deportiva que solicita a autorización, fundamentando a súa decisión no incumprimento dalgún dos requisitos anteriores, ou ben por informe desfavorable por parte da Comisión de Selección, fundamentado por unha falta de compromiso co proxecto educativo do centro entre outras posibles causas.

Artigo 13. Procedemento para cubrir unha baixa

As baixas que se produzan, unha vez publicada a listaxe definitiva, teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito pola federación ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas.

As baixas cubriranse, se así o estima oportuno a Secretaría Xeral para o Deporte, con deportistas pertencentes a calquera das federacións con presenza no CGTD, seguindo a lista de espera dos deportistas valorados e que non acadaron praza, quedando fóra da listaxe definitiva de admitidos.

No caso do grupo de tecnificación, terase en conta, por cuestións organizativas da residencia, que cumpran cos requisitos de curso e xénero do deportista que causou baixa.

No caso de que haxa baixas no grupo de rendemento, as federacións poderán solicitar cubrila con deportistas non presentes na listaxe inicial, sempre que cumprisen cos requisitos establecidos no artigo 10 da presente convocatoria. Para isto, disporán dun segundo prazo de solicitudes no grupo de rendemento que rematará o 30 de setembro. Neste caso, as federacións deberán achegar cuberto antes das 14.30 horas do día no que remata o prazo, o anexo VI referido ao deportista proposto. Deberá remitirse a solicitude ao enderezo de correo electrónico cgtd@xunta.gal. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 14. Obrigas do deportista bolseiro

O deportista bolseiro estará obrigado a:

– Adestrar co técnico que lle asigne a súa federación.

– Someterse aos controis de dopaxe segundo a normativa en vigor.

– Pasar o control médico obrigatorio nos servizos médicos do CGTD.

– Formalizar o seu ingreso previamente á súa incorporación nas oficinas do CGTD.

– Cumprir a normativa contida no Regulamento de réxime interno do CGTD.

– Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da convocatoria, para ser beneficiario, durante o tempo de duración da bolsa.

Artigo 15. Posibilidade de revogación

15.1. Revogación dun programa.

Os programas poderán ser revogados ao longo do curso nas seguintes circunstancias:

– A instancia do presidente da federación galega correspondente, co acordo da asemblea xeral da súa federación.

15.2. Revogación dunha bolsa.

A bolsa concedida a un deportista poderá ser revogada polas seguintes causas:

– Inadaptación ás normas de convivencia.

– Dar positivo nun control de dopaxe ou negarse a pasalo.

– Se o recoñecemento médico do CGTD conclúe que non é apto.

– Poderase cancelar a bolsa porque así o solicite o deportista ou os seus pais/titores legais, no caso de ser menores de idade, sempre que veña motivada por causas xustificables.

– Igualmente poderase cancelar por motivos disciplinarios no caso de faltas moi graves segundo o Regulamento de réxime interno do centro.

CAPITULO III
Bolsas para as instalacións situadas en Vilagarcía de Arousa,
Centro Galego de Vela

Artigo 16. Natureza, número e duración das bolsas

16.1. Natureza.

Está dirixida a deportistas que naveguen en clases olímpicas de tecnificación, así como de alto rendemento con programas encamiñados a Tokio 2020 e con 16 anos cumpridos en diante.

Os beneficios desta bolsa corresponderán á utilización das instalacións do Centro Galego de Vela situado na Rampa de Cavadelo, s/n, na localidade de Vilagarcía de Arousa, e aos medios técnicos (adestradores) a disposición do centro.

16.2. Número de bolsas.

Convócanse un máximo de 25 prazas (sen residencia).

A Secretaría Xeral para o Deporte, vista a proposta da Comisión de Selección, poderá cubrir ou non a totalidade das prazas ofertadas.

16.3. Duración das bolsas.

A duración das bolsas será desde o 15 de setembro de 2016 ata o 14 de setembro de 2017.

Artigo 17. Requisitos de acceso

Poderán ser beneficiarios das bolsas para deportistas no Centro Galego de Vela todos aqueles deportistas que cumpran os requisitos de acceso que se detallan a continuación:

a) Ter nacionalidade española.

b) Estar empadroados nalgún municipio de Galicia.

c) Ter licenza federativa por algún club adscrito a Federación Galega de Vela.

d) Ter acreditado un nivel alto en clases xuvenís, tendo asistido a campionatos europeos ou mundiais coa Selección Nacional.

e) Cumprir os requisitos antropométricos necesarios para a clase na que vai a adestrarse.

f) Presentar o programa anual de adestramento, concertado co equipo técnico. Este programa deberá cubrir os seguintes aspectos:

– Plan anual de adestramentos e competicións.

– Establecemento de obxectivos.

– Modelo de informe mensual na táboa de execución facilitado polo adestrador.

– Plan da programación física e nutricional.

Non poderán obter a condición de beneficiarios, aquelas persoas que concorren nalgunha das circunstancias establecidas a continuación:

– Ter un informe negativo da Dirección do Centro Galego de Vela e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da Comisión de Selección (punto 8.2. da presente convocatoria) sobre o seu comportamento durante a súa estadía no Centro Galego de Vela.

– Estar sancionado en firme por dopaxe.

– Estar sancionado en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE do 19 de febreiro de 1993).

– Estar sancionado en firme por algunha das infracción previstas no artigo 97 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Artigo 18. Criterios de valoración

Estes criterios non serán de aplicación aos deportistas pertencentes ao Proxecto Tokio 2020 da Secretaría Xeral para o Deporte, que, cumprindo os requisitos desta convocatoria, terán acceso directo a estas bolsas, supeditando, en todo caso, a adxudicación á garantía da máxima rendibilidade e utilidade do centro, dos seus servizos e das súas instalacións.

18.1. Criterios de valoración para os deportistas de tecnificación.

18.1.1. Criterios deportivos prioritarios:

– Deportista membro da selección nacional da súa categoría nos anos 2015 e 2016.

– Deportistas con participación en XXOO ou xogos paralímpicos.

– Deportistas participantes no Campionato do Mundo, Campionato de Europa ou Copa do Mundo en clases olímpicas ou paralímpicas.

– Posto de relevancia na clasificación nacional.

Artigo 19. Equipo técnico proposto pola federación correspondente

19.1. As federacións disporán dun equipo técnico para o correcto desenvolvemento do proxecto deportivo presentado (anexo II).

19.2. A relación laboral entre os membros do equipo técnico e a federación deportiva da que dependen deberá axustarse, en todo momento, á lexislación laboral vixente.

19.3. En ningún caso este persoal federativo gardará relación laboral ou doutro tipo coa Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 20. Obrigas dos deportistas bolseiros

a) Cumprimento e revisión mensual do anterior programa.

b) Adestrar un mínimo de 15 días ao mes (cando menos 5 horas no Centro e 3 na auga) no Centro Galego de Vela.

c) Asistencia obrigatoria ás convocatorias de nivel autonómico, nacional ou internacional. Estas convocatorias contabilizarán no cómputo xeral da letra f).

d) Asistencia obrigatoria ás competicións clasificatorias para o Equipo Preolímpico Español, no caso de ser seleccionado polo equipo técnico.

e) Cumprimento do contrato de cesión ou de uso compartido do material, no caso de ter material cedido pola Federación Galega de Vela.

Artigo 21. Posibilidade de revogación

A bolsa concedida a un deportista poderá ser revogada polas seguintes causas:

– Inadaptación ás normas de convivencia.

– Dar positivo nun control de dopaxe ou negarse a pasalo.

– Poderase cancelar a bolsa porque así o solicite o deportista ou os seus pais/titores legais, no caso de ser menores de idade, sempre que veña motivada por causas xustificables.

– Igualmente poderase cancelar por motivos disciplinarios no caso de faltas moi graves segundo o Regulamento de réxime interno do centro.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file