Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 28998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 130/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 130/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro contra a empresa Alfonso Balo Silva, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Declaro extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que unía a Verónica Troiteiro Quinteiro con Alfonso Balo Silva e condeno a dita empresa a lle aboar á executante 1.930,7 euros en concepto de indemnización e 13.241,11 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non se cumprir a presente resolución, continuará a presente execución por petición de parte como pecuniaria polo importe total de 15.171,81 euros, máis 1.517,18 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfonso Balo Silva, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza