Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 28965

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista da reclamación presentada, anular a pregunta 69. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva número 151.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os/as aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Para estes efectos fíxase en setenta (70) o número de respostas correctas precisas para acadar a devandita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

Cuarto. Que, de acordo do disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base IV.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

José Miguel Rey Lama
Presidente do tribunal