Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 29048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de xuño de 2016, da Área Provincial de Ourense, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución de renuncia de adxudicación dunha vivenda de promoción pública (VPP) situada no barrio de Covadonga, Ourense (expediente OU-2006/010, conta 11).

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselle á persoa interesada que se menciona no anexo a resolución de renuncia de adxudicación dunha vivenda de promoción pública situada no barrio de Covadonga, Ourense.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo desta cédula, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na rúa Sáenz Díez, núm. 1, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa interesada que a resolución relacionada no anexo non pon fin á vía administrativa e que poderá interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes (artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común) a partir do día seguinte ao da súa notificación.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 9 de xuño de 2016

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Trámite para notificar: resolución de renuncia de adxudicación dunha VPP.

Expediente: OU-2006/010, conta 11.

Nome e apelidos: Liciana Barbosa da Silva.

DNI: ... 698T.