De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 3 de xuño de 2016, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no polígono da Grela-Bens e a Fábrica de Armas do concello da Coruña.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental