De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A resolución obxecto de notificación ditouna o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
A comparecencia deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do IGVS en Lugo, sita na avda. Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 17 de xuño de 2016
Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: 3/2015 de desafiuzamento administrativo por falta de ocupación.
Interesado: Rafael Monteiro Vargas.
DNI/NIF/NIE: ...771M.
Acto obxecto de notificación: resolución do expediente.