Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28554

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1293/2014).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1293/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Pardal Luis contra Polar Clima, S.L., Polar Clima Gallega, S.L., Isotec Aislamientos Técnicos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, UTE Chuac (Isolux Corsan-FCC Construcción, S.A.), administración concursal de Polar Clima, S.L., administrador concursal da entidade Isotec Aislamientos Técnicos Roberto Zarate Amigorena sobre ordinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva di:

Ter por desistido a Enrique Pardal Luis da súa demanda fronte a Polar Clima, S.L., Polar Clima Gallega, S.L., Isotec Aislamientos Técnicos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, UTE Chuac (Isolux Corsan-FCC Construcción, S.A.), administración concursal de Polar Clima, S.L., administrador concursal da entidade Isotec Aislamientos Técnicos Roberto Zarate Amigorena, en materia de reclamación de cantidade.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Polar Clima, S.L. e Polar Clima Gallega, S.L., e a Isotec Aislamientos Técnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza