Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Folosa, Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 4 dos estatutos sociais (cambio do obxecto social), da entidade Folosa, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria de data 13 de xaneiro de 2016, pola maioría establecida nos seus estatutos.

O novo obxecto social es:

1. A cooperativa ter por obxecto a prestación do traballo das persoas socias para producir en común bens e servizos para terceiros.

2. As actividades económicas que desenvolverá a cooperativa para o cumprimento do seu obxecto social son: comercio de prendas de vestir, complementos, lenzaría, calzado, bolsos, produtos téxtiles, confección para o fogar, bixutería, xoiaría, produtos de drogaría, perfumaría e cosmética e obxectos de decoración e mobiliario.

RESOLVO:

Dispor a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 4 dos estatutos sociais (cambio do obxecto social) da entidade Folosa, S. Coop. Galega.

Vigo, 17 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra