De conformidade co establecido no punto 7.3 da Resolución desta dirección xeral do 13 de abril de 2016 (DOG do 21 de abril) pola que se convocaba a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital durante o curso 2016/17, esta dirección xeral
DISPÓN:
Primeiro. Seleccionar os centros que se relacionan no anexo I desta resolución para participar no proxecto E-DIXGAL.
Segundo. Considerar non válida a solicitude dos centros que se relacionan no anexo II.
Terceiro. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 107.1, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
ANEXO I
Centros seleccionados
Educación primaria
Código |
Centro |
Provincia |
Concello |
15011661 |
CEIP Manuel Fraga Iribarne |
A Coruña |
Cariño |
36009524 |
CEP Pedro Caselles Beltrán |
Pontevedra |
Tomiño |
Educación secundaria obrigatoria
Código |
Centro |
Provincia |
Concello |
15027873 |
IES Afonso X O Sabio |
A Coruña |
Cambre |
36016024 |
CPR Abrente |
Pontevedra |
Sanxenxo |
ANEXO II
Solicitudes non válidas
Código |
Centro |
Provincia |
Concello |
Motivo |
15004083 |
CPR Compañía de María |
A Coruña |
A Coruña |
Xa é un centro E-DIXGAL |
15018148 |
CPI de Atios |
A Coruña |
Valdoviño |
Xa é un centro E-DIXGAL |
36006641 |
CPR Calasancio |
Pontevedra |
Tomiño |
Xa é un centro E-DIXGAL |