Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican unhas resolucións dos recursos de alzada interpostos contra o acordo de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras, A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemeno Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Mª Concepción Sánchez Seoane

Resolución recurso de alzada

Filgueira de Barranca-Trasanquelos

Josefa Ramos Sánchez

Resolución recurso de alzada

Filgueira de Barranca-Trasanquelos