Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 13 de xuño de 2016 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 50 e 503 do polígono 36 do termo municipal de Monterroso (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante Resolución do 13 de xuño de 2016, o cambio de actividade forestal a agrícola nas parcelas 50 e 503 do polígono 36 do termo municipal de Monterroso (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente á avaliación ambiental simplificada, e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 8 de abril de 2016 (DOG núm. 86, do 6 de maio).

Lugo, 14 de xuño de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo