Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Traballadores Arquiveiros da Xunta de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a modificación de estatutos da Asociación Profesional de Traballadores Arquiveiros da Xunta de Galicia, que consiste na modificación dos artigos 16 e 21 dos seus estatutos, segundo se indica na certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 5 de marzo de 2016.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ambito profesional: poderán pertencer á dita asociación todas as persoas que teñan a condición de funcionarios de carreira ou interinos do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A1), escala facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo A2), escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, e aqueles arquiveiros que teñan a condición de traballadores laborais fixos, temporais e indefinidos da Xunta de Galicia.

Asinantes: Alfonso Cascudo Rasilla (presidente) e Francisco M. Sandoval Verea (secretario xeral).

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego