Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMT ATI708-ATI723 apoios D8_D9.
Situación: O Porriño.
Características técnicas: LMT aérea a 15 kV en tres tramos:
1. 168 metros (dobre circuíto 84 x 2); orixe, apoio proxectado nº 1 (substitución D9) ATI708-ATI723; final, apoio proxectado nº 2 (substitución D8) ATI708-ATI723.
2. 13 metros; orixe, apoio proxectado nº 2; final, apoio existente D8-1 da ATI723.
3. 27 metros; orixe, apoio proxectado nº 1; final, apoio existente D9-1 da ATI723
O conductor do 1º tramo (dobre circuíto 84 x 2) é LA180 e o do 2º e 3º LA56.
A instalación está situada na zona do polígono industrial As Gándaras, Atios, O Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 2 de xuño de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra