De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.
Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta Xefatura Territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 14 de xuño de 2016
Alberto Fuentes Losada
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
CON-PO-0102/2016 |
Argimira Alfaro Mosquera |
Resolución |
Xefe territorial |
ANP-PO-0033/2016 |
Alba Elena Velasco Otero |
Incoación |
Xefe territorial |
ANI-PO-0030/2016 |
Jesús Gómez Rocha |
Incoación |
Xefe territorial |