Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de xuño de 2016, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións, no dominio público portuario de Laxe, solicitada por Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (expediente 12-21-16-C-1).

Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. solicita unha concesión administrativa con destino á construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Laxe, segundo o proyecto de remodelación I.A.S.B. Laxe, asinado en febreiro de 2015 por Francisco J. Canabal Fiestras (colexiado nº 3636), enxeñeiro técnico industrial; Alba López Arana (colexiada nº 2822), enxeñeira industrial e Adrián Pérez Riveiro (colexiado nº 2384), enxeñeiro industrial.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 9 de xuño de 2016

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro