Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 27954

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2016 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócanse as actividades de formación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia do ano 2016 que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web http://egap.xunta.es

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo
http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base, os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa e a antigüidade na Administración.

A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

b) Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.), de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

4. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.

5. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha o varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

7. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

8. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

9. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 62 53 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008
(DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2016, segundo a Resolución do 3 de febreiro (DOG do 29 de febreiro), comezarase pola letra O.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Unha vez transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo
http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de dez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

Nas actividades formativas encadradas dentro do Plan formativo ofimático de Galicia, a proba final de avaliación terá igualmente carácter presencial e desenvolverase na sede da EGAP en Santiago de Compostela.

2. Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Oitava. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba.

Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Valoración

Destinatarios

Localidade/modalidade

Datas

Data proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e xestión das entidades locais

LO16026

Guías prácticas de exercicio da función interventora en pequenos e medianos concellos

25

30

Aproveitamento

Estatal 0,55

O curso estaría dirixido preferentemente a interventores de concellos de menos de 20.000 habitantes, secretarios-interventores e técnicos de servizos económicos dos subgrupos A1 e A2

Presencial

Santiago

18.10.2016

22.11.2016

22.11.2016

17.00 a 20.00 h. (martes e xoves)

LO16027

A elaboración, aprobación, execución e modificación do orzamento xeral do concello

25

25

Aproveitamento

Estatal 0,45

Preferentemente a Interventores de concellos de menos de 20.000 habitantes, Técnicos de contabilidade ou orzamentación dos subgrupos A1 e A2, e secretarios-interventores

Presencial

Santiago

6.9.2016

29.9.2016

29.9.2016

17.00 a 20.00 h. (o último día das 17.00 ás 21.00 h.)

LO16028

A nova instrución de contabilidade local: especial referencia ás contas anuais

25

20

Aproveitamento

Estatal 0,50 Autonómica 0,30

Todos os funcionarios e persoal laboral que asistisen aos cursos de formación convocados pola EGAP sobre a nova Instrución de contabilidade local e todos os interesados en adquirir unha formación contable para a súa aplicación nos seus postos de traballo.

Presencial

Santiago

7.11.2016

23.11.2016

23.11.2016

17.00 a 20.00 h. (os dous últimos días das 17.00 ás 21.00 h.)

LO16029

Lei de garantía dos servizos públicos

25

15

Aproveitamento

Estatal 0,40

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal dos grupos A1, A2 e C1 e laboral dos grupos I, II e III ao servizo das entidades locais dos seus organismos públicos e demais entes delas dependentes.

Presencial

Santiago

19.9.2016

3.10.2016

3.10.2016

17.00 a 20.00 h.

LO16031

A contratación pública local. Fiscalización e xestión da contratación menor e negociada de pequenos concellos

25

30

Aproveitamento

Estatal 0,50 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia vinculados á intervención.

Presencial

Santiago

17.10.2016

21.11.2016

21.11.2016

17.00 a 20.00 h. (luns e mércores)

LO16035

Liquidación práctica dos tributos locais de Galicia

20

15

Aproveitamento

Estatal 0,40

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo da Administración pública nos concellos e nas deputacións.

Presencial

Santiago

5.9.2016

3.10.2016

3.10.016

17.00 a 20.00 h. (luns)

LO16034

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

3.10.2016

28.10.2016

2.11.2016

Proba de avaliación

17.00 h.

LO16036

Os orzamentos das entidades locais. Informes de viabilidade e regra de gasto

25

25

Aproveitamento

Estatal 0,55 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencentes á subescala de intervención ou secretaría-intervención, que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de intervención e tesouraría das entidades locais de Galicia.

Presencial

Santiago

18.10.2016

15.11.2016

15.11.2016

17.00 a 20.00 h. (os dous últimos días das 17.00 ás 20.30 h.)

LO16039

Responsabilidade patrimonial da Administración pública

25

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Presencial

Santiago

8.11.2016

1.12.2016

1.12.2016

17.00 a 20.00 h. (o último día das 17.00 ás 21.00 h.)

LO16043

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia

25

15

Aproveitamento

Estatal 0,40

Persoal da Administración local: funcionarios con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala de secretaría ou de secretaría-intervención, funcionarios técnicos que traballen na área de urbanismo dos subgrupos A1 e A2 e persoal laboral dos grupos I e II

Presencial

Santiago

13.9.2016

4.10.2016

4.10.2016

17.00 a 20.00 h. (martes e xoves)

LO16044

A aplicación práctica da Lei de transparencia na Administración local

25

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal técnico ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial Vigo

7.11.2016

30.11.2016

30.11.2016

17.00 a 20.00 h. (luns e mércores)

LO16045

A expropiación forzosa como sistema de actuación na Lei do solo de Galicia.

30

20

Aproveitamento

Autonómica

0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal técnico ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial Santiago

9.9.2016

7.10.2016

7.10.2016

16.30 a 20.30 h. (venres)

LO16046

Os delitos contra a Administración pública

30

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal técnico ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial Santiago

5.9.2016

21.9.2016

21.9.2016

16.30 a 20.30 h. (luns, mércores e venres)

LO16047

Réxime disciplinario en materia urbanística no ámbito local

30

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómico 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal técnico ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

Santiago

7, 8, 9, 14, 15 e 16 de novembro de 2016

16.11.2016

9.00 a 14.00 h.

LO16049

As relacións de postos de traballo na Administración local

30

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómico 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal técnico ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

Santiago

13, 14, 20, 21, 27 e 28 de setembro de 2016

28.9.2016

9.30 a 14.00 h.

(último día das 9.30 ás 15.00 h.)

LO16050

A función consultiva para a Administración local

25

22

Aproveitamento

Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e funcionarios dos grupos A1 e A2 e laboral dos grupos I, II ao servizo das entidades locais, os seus organismos públicos e demais entes delas dependentes.

Presencial

Santiago

3, 5, 10, 17, 19, 24, 26 e 31 do outubro de 2016

31.10.2016

17.00 a 20.00 h.

LO16051

O réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración local

30

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómico 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

Persoal técnico ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

Santiago

18, 20, 25 e 27 de outubro e 3, 8 e 10 de novembro de 2016

10.11.2016

16.30 a 20.00 h.

LO16052

A organización municipal

25

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómico 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

Persoal técnico ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

Santiago

20, 22, 27 e 29 de setembro e 4, 6 e 11 de outubro de 2016

11.10.2016

16.30 a 20.00 h.

(último día das 16.30 ás 20.30 h.)

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

LO16030

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

50

25

Aproveitamento

---

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

5.9.2016

29.9.2016

3.10.2016

Proba de avaliación

16.00 h.

LO16032

A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio

50

25

Aproveitamento

--

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

5.9.2016

29.9.2016

3.10.2016

Proba de avaliación

17.00 h.

LO16048

Adaptación dos concellos á Lei 11/2007, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos

50

40

Aproveitamento

--

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Mixta

19.9.2016

27.10.2016

2.11.2016

Proba de avaliación

18.00 h.

Clases presenciais

23 e 30 de setembro e 14 de outubro das 17.00 ás 20.00 h.

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

LO16025

Técnicas de coaching para a xestión do cambio nas entidades locais

25

25

Aproveitamento

---

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

Santiago

7.11.2016

30.11.2016

30.11.2016

17.00 a 20.00 h. (luns e mércores, os dous últimos días das 17.00 ás 20.30 h. )

LO16033

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

50

30

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

31.10.2016

28.11.2016

1.12.2016

Proba de avaliación

16.00 h.

LO16037

Prevención e xestión de conflitos

50

25

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

3.10.2016

28.10.2016

2.11.2016

Proba de avaliación

16.00 h.

LO16038

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

50

15

Aproveitamento

---

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

14.11.2016

28.11.2016

1.12.2016

Proba de avaliación

17.00 h.

Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)

LO16040

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2010)

50

50

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

5.10.2016

24.11.2016

28.11.2016

Proba de avaliación

16.30 h.

LO16041

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office 2010)

50

30

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

26.10.2016

24.11.2016

28.11.2016

Proba de avaliación

18.30 h.