Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública de aprobación inicial do proxecto de expropiación dunha parcela do sistema xeral de zona verde ZV-2, en Bastiagueiro.

Mediante Resolución desta alcaldía nº 2265, do 6 de xuño de 2016, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación dunha parcela do sistema xeral de zona verde ZV-2, en Bastiagueiro (parcela catastral nº 1590807NH5918N).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 7 de xuño de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente