Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28105

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Renova Cars, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución e liquidación de Renova Cars, Sociedade Cooperativa Galega.

Juan Álvarez González, en calidade de secretario da Sociedade Cooperativa Renova Cars, S. Coop. Galega, con domicilio en avenida Ernestina Otero, nº 52, 36800 Redondela, Pontevedra, certifica que: o 9 de maio de 2016 a asemblea xeral extraordinaria e universal de Renova Cars, S. Coop. Galega acordou a disolución de Renova Cars, S. Coop. Galega, e nomeou como liquidadores a Juan Álvarez González e Jonathan Nogueira Martínez. Ambos elaboraron o balance de liquidación e a adxudicación das partidas, recoñecendo expresamente no acto de liquidación que se devolve a totalidade da maquinaria recollida no activo por valor de 22.168 euros á entidade Maproin, S.L., propietaria desta, todo iso conforme o disposto pola Lei de cooperativas. Así pois, os socios deberán contactar cos membros da comisión liquidadora co obxecto de que lles fagan efectivas as cantidades que a cada un correspondan. Así mesmo, calquera persoa ou entidade poderá no prazo de dous meses desde esta publicación, presentar as reclamacións ou impugnacións que considere oportunas. Transcorrido este prazo e resoltas, de ser o caso, as reclamacións, considerarase aprobado todo o exposto anteriormente.

Redondela, 31 de maio de 2016

Juan Álvarez González
Secretario