De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-CO-0660/2015-PPM e dous máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que coiden pertinente.
A Coruña, 16 de xuño de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0660/2015-PPM.
Persoa interesada: Francisco Fuentes Fernández.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: avenida Labañou, 10, 15011 A Coruña.
Expediente: PSC-RI-0340/2015-PRE.
Persoa interesada: José María Castro Redondo.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Fonte Ramil, 6, Castiñeiras, 15960 Ribeira (A Coruña).
Expediente: PSC-CO-0516/2015-PPM.
Persoa interesada: José Ramón Montero Papin.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Camiño da Insua, s/n, 15155 Fisterra (A Coruña).