Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN627A 2009/2-0, no concello de Cerceda.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben, intentada a notificación, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación de gas denominada gasoduto eixe APA 16, no concello de Cerceda (expediente IN627A 2009/2-0), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 17 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN627A 2009/2-0.

Entidade beneficiaria: Gas Galicia SDG, S.A.

Denominación da instalación: gasoduto eixe APA 16.

Concello: Cerceda (A Coruña).

Predio

Depósito

Titularidade

Incidencia

C-CE-2A07

1729/2016

Descoñecido/a

Descoñecido/a

C-CE-3A24

1730/2016

Descoñecido/a

Descoñecido/a

C-CE-3A31

1731/2016

Manuel Castro Grela

Notificación infrutuosa

C-CE-4A01

1732/2016

Manuel Castro Grela

Notificación infrutuosa