Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Título: LMTS TRO716 y CS Padín 2.
Situación: Vigo.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 785 metros de lonxitude, con orixe no punto de acceso proxectado na saída TRO716 e final no paso aéreo subterráneo proxectado no apoio existente HV-400-16, unha vez entre e saia do centro de seccionamento proxectado Padín 2. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, situado en camiño Padín, Teis, Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 1 de xuño de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra