Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Láncara e O Páramo (expediente IN407A 2015/59-2, 8253 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).

Domicilio social: Sor Ángela de la Cruz, 3, 28020 Madrid.

Denominación: LMTS e CT 160 kVA para alimentación de túneles II e III do proxecto Nova liña de alta velocidade Ourense-Monforte-Lugo, variante A Pobra de San Xiao, plataforma e vía.

Situación: concellos de Láncara e O Páramo.

Características técnicas:

1. LMT aérea a 20 kV con orixe no apoio 89-9 da LMT SAR806 (apoio nº 1 do proxecto) e final nun paso aéreo a soterrado situado no apoio de celosía nº 3 tipo 14/2000 cunha lonxitude de 107 metros en condutor LA-56.

2. LMT soterrada a 20 kV en canalización proxectada de 440 metros e adosada ao lateral do viaduto de 160 metros, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio nº 3 e final no CT proxectado, cunha lonxitude total de 600 metros en condutor tipo RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×95 m2).

3. CT en edificio prefabricado de formigón tipo PFU-4, no cal se instala unha cela de remonte, unha cela de liña e unha cela de medida, cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 2 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo