Como consecuencia da corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 17 de xuño de 2106 (data de envío ao DOUE), e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 23 de xuño, procédese a:
Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=41096
Segundo. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.
Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27 de xuño de 2016.
A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 8 de agosto de 2016.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia