Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28043

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (386/2015-acumulación).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 386/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Couselo Bustelo contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L. sobre ordinario, se ditou auto con data 30 de setembro de 2015 do teor literal seguinte:

Dispoño: a acumulación ao presente procedemento de despedimento do procedemento de resolución contractual número 606/2015 seguido ante este xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento e dando de baixa o presente no libro de asuntos xerais.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, levándose o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na Conta de Consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta número 5076 debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández; Automóviles J. y M. Fernández e SS Fernández Concesionario en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza