Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de apoio técnico na xestión do sistema de seguridade da información da Consellería de Sanidade e deste organismo, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-16-022).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-16-022.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo apoio técnico na xestión do sistema de seguridade da información da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72223000-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, no seu caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 50

Plan de traballo

0 - 25

Metodoloxía de traballo

0 - 25

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 50

Oferta económica

0 - 40

Proposta de actividade

0 -10

4. Valor estimado do contrato: 206.400 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 103.200 euros. Importe total: 124.872 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02, prioridade de investimento 2.3, obxectivo especifico 2.3.1 e actuación 48.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos