Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016 pola que se anuncia a formalización do servizo para o desenvolvemento da plataforma de arquitectura de aplicacións e servizos middleware para Facenda Dixital, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número do expediente: 2016-005.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento da plataforma de arquitectura de aplicacións e servizos middleware para Facenda Dixital, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 14.3.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 195.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 195.000,00 €.

b) Importe total: 235.950,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 176.962,50 €.

Exercicio 2017: 58.987,50 €.

6. Financiamento.

Esta contratación cofinánciase co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 2, prioridade de investimento 2.3. Reforzo das aplicacións TIC para a Administración electrónica a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; obxectivo 2.3.2. Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital, nun 20 % con cargo a fondos propios, á aplicación orzamentaria 06-A1-611A.640.0 do Cixtec.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.6.2016.

b) Data de formalización do contrato: 6.6.2016.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 179.400,00 euros. Importe total: 217.074,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 162.805,50 €.

Exercicio 2017: 54.268,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable