Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2016 pola que se convoca a contratación, non suxeita á regulación harmonizada e documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, do servizo administrativo especial para a xestión e explotación da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública e, se é o caso, da pista multiúsos contigua.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: a xestión e a explotación da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública e, se é o caso, a pista multiúsos contigua a esta.

a) Lugar de execución: Academia Galega de Seguridade Pública.

b) Prazo de execución: desde o día da súa sinatura e durante dez (10) anos. Este contrato admite, por mutuo acordo das partes, a posibilidade dunha ou varias prórrogas ata un período máximo de cinco (5) anos.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e procedemento aberto, con tres criterios técnicos de adxudicación avaliables sen aplicación de fórmulas matemáticas e outros tres criterios automáticos de adxudicación avaliables mediante aplicación de fórmulas matemáticas.

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: será o 5 % do importe do canon ofertado polo adxudicatario para os dez (10) anos de vixencia do contrato e, seguindo o establecido no 95.2 do TRLCSP, o adxudicatario debe prestar unha complementaria do 5 % do importe do canon ofertado polo adxudicatario.

5. Obtención de documentación e información: na Academia Galega de Seguridade Pública e durante o prazo de presentación de proposicións en días hábiles e das 9.00 ás 14.00 horas. Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación, a través da internet, nos enderezos: http//:www.xunta.es/contratacion e http://agasp.xunta.es/

6. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de especificacións.

7. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: será de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

No rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública das 9.00 ás 14.00 horas ou ben na forma prevista no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Apertura de ofertas: o acto público de apertura de ofertas (sobre B) terá lugar ás 10.00 horas do día 4 de agosto de 2016 no lugar que se indique na plataforma de contratación.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 22 de xuño de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública