Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/51-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: LIDL Supermercados SAU.

Domicilio social: polígono ind. Río do Pozo, rúa Toneleiros, s/n, 15573 Narón.

Título: LMTS, CS LIDL, avda. de Madrid, 2.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 98×2 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT SDM709 Alcampo, unha vez que entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas modulares, baixo envolvente metálica con illamento e corte en SF6, situado na avenida de Madrid nº 2, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de abril de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra