De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 27 de maio de 2016, do cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas no lugar de Trasfallón, parroquia de San Xurxo, no concello de Vilalba, promovido por Gonzalo Seoane Lama (clave 2015/0031).
Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental