Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento dunha campaña de promoción dos produtos procedentes da pesca e a acuicultura no ano 2016, 3 lotes, procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 % (expediente 7/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

Descrición do obxecto: o desenvolvemento dunha campaña de promoción dos produtos procedentes da pesca e a acuicultura no ano 2016, 3 lotes.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23875

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 2 de xaneiro de 2016; BOE do 11 de xaneiro de 2016 e DOG do 22 de xaneiro de 2016.

d) División por lotes e número: si; tres.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 669.834,71 €; IVE (21 %): 140.665,29 €. Importe total: 810.500,00 €.

Valor estimado: 669.834,71 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca-FEMP-, nun 75 % (eixe/medida 5.1.3 medidas de comercialización).

6. Adxudicación e formalización dos contratos:

Lote nº 1: Materiais para punto de venda.

a) Data da resolución de adxudicación: 18 de abril de 2016.

b) Adxudicataria: Imprenta Mundo, S.L.U.

c) Importe neto: 36.508,70 €. Importe IVE (21 %): 7.666,83 €. Importe total: 44.175,53 €.

d) Data de formalización do contrato: 13 de maio de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Lote nº 2: Creatividades.

a) Data da resolución de adxudicación: 18 de abril de 2016.

b) Adxudicataria: Idea, Creatividad y Comunicación, S.L.

c) Importe neto: 33.768,00 €. Importe IVE (21 %): 7.091,28 €. Importe total: 40.859,28 €.

d) Data de formalización do contrato: 18 de maio de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Lote nº 3: Plan de medios.

a) Data da resolución de adxudicación: 4 de maio de 2016.

b) Adxudicataria: Canal Uno de Comunicación, S.L.

c) Importe neto: 569.437,70 €. Importe IVE (21 %): 119.581,92 €. Importe total: 689.019,62 €.

d) Data de formalización do contrato: 31 de maio de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2016

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar