Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 3 de xuño de 2016 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 6 (recinto 1) do polígono 3 do termo municipal de Antas de Ulla (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a xefatura territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante Resolución do 3.6.2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola na parcela 6 (recinto 1) do polígono 3 do termo municipal de Antas de Ulla (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 13.5.2016 (anuncio publicado no DOG núm. 105, do 3 de xuño).

Lugo, 10 de xuño de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo