De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar se farán por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e, despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ao interesado que se sinala no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Asemade, infórmase o interesado que o expediente se atopa á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 15 de xuño de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN 635C 2016/6-1.
Interesado: José Antonio López Casal.
CIF: 76276067V.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Concello: Curtis.