Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade da resolución pola que se modifica (por modificación substancial) e se refunde o texto dunha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:

Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se modifica (por modificación substancial) e se refunde o texto da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2005/0009_NAA/IPPC_009.

Instalación: planta de tratamento de subprodutos cárnicos non destinados a consumo humano de categoría 1

Procedemento simplificado de modificación substancial da autorización ambiental integrada

Proxecto: planta de tratamento de subprodutos cárnicos non destinados a consumo humano de categoría 2

Expediente de modificación núm.: 2015-IPPC-M-38

Titular: Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. (Gesuga, S.L.)

Expediente orixinal núm.: 2005/0009_NAA/IPPC

Localización: concello de Cerceda

Data: 26.4.2016

Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental