Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27481

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN de 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación para cubrir prazas de persoal asesor.

De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por persoal funcionario docente que imparten ensinanzas de niveis non universitarios.

Esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve anunciar:

Primeiro.

Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.es/portaleducativo) estará dispoñible a convocatoria de concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.

Segundo.

Que o prazo de presentación de instancias será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.

Que deberán cubrir a solicitude que figura como anexo III da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos