Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27215

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2016 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, e en colaboración coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, convócanse as actividades de formación dirixidas ao seu persoal de administración e servizos (PAS), cuxas bases se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran nos anexos II e III, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontra en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos na presente convocatoria.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.es>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, se for o caso, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

– Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

4. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibiren mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2016, segundo a Resolución do 3 de febreiro (DOG do 12 de febreiro), comezarase pola letra O.

2. A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartirase proporcionalmente en función do número de efectivos de cada universidade da Comunidade Autónoma Galicia de acordo cos datos que figuran no boletín estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas de xullo de 2015.

3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.

b) As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

c) Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

d) Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.

4. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

2. Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Oitava. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba.

Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP, xunto coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP, xunto coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP, xunto coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II
Bases

Primeira. Actividades do programa de autoformación: contidos e cuestionarios

1. As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

Código

Denominación

UN16024

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos - Contidos

UN16026

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office) - Contidos

UN16028

Cambio e motivación nas organizacións - Contidos

UN16030

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos - Contidos

UN16032

Introdución á Union Europea e ao seu dereito - Contidos

UN16034

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contidos

UN16036

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Contidos

UN16038

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público. Contidos

UN16040

Responsabilidade patrimonial da Administración pública - Contidos

UN16042

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos - Contidos

UN16044

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa - Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

O persoal de Administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que desexe participar no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda, pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP. Por outra, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas na base terceira deste mesmo anexo II.

Segunda. Actividades: acceso aos contidos

1. Todo o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula>.

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2016.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e máis o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. Os contidos van estar dispoñibles ata o 30 de decembro de 2016.

4. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <http://egap.xunta.es/aulavirtual>.

5. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo I.

Terceira. Probas de avaliación das actividades do programa de autoformación: participación

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontra en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.

Cuarta. Probas de avaliación: prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se convocan atéñense ao previsto na seguinte táboa:

Código

Actividade do programa de autoformación

Prazas

Horas

certificadas

Datas

UN16025

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos - Proba de avaliación

100

25

13.10.2016

UN16027

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office) - Proba de avaliación

100

30

19.10.2016

UN16029

Cambio e motivación nas organizacións - Proba de avaliación

100

25

18.10.2016

UN16031

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos - Proba de avaliación

100

20

14.10.2016

UN16033

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito - Proba de avaliación

100

24

11.10.2016

UN16035

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das admininistracións públicas. Proba de avaliación

50

25

25.10.2016

UN16037

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Proba de avaliación

100

20

24.10.2016

UN16039

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público. Proba de avaliación

50

25

25.10.2016

UN16041

Responsabilidade patrimonial da Administración pública - Proba de avaliación

100

25

10.11.2016

UN16043

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos - Proba de avaliación

100

15

6.10.2016

UN16045

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa - Proba de avaliación

100

25

17.10.2016

2. As probas de avaliación do programa de autoformación terán lugar nas dependencias da EGAP, en Santiago de Compostela (rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas).

3. Na páxina web <http://egap.xunta.es> actualizarase e ampliarase a información sobre as actividades do programa de autoformación, incluído o horario de realización das probas de avaliación.

Quinta. Probas de avaliación: solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes só poden realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula>. Entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Sexta. Probas de avaliación: desenvolvemento

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación teñen o seguinte formato:

Actividade do programa
de autoformación: horas

Proba de avaliación

Preguntas tipo test: número

Tempo dispoñible: minutos

Tentativas

Respostas incorrectas: desconto

Superación: porcentaxe de respostas correctas

Actividades de ofimática

De 30 a 50 horas

30

90

Unha

Non

70 %

De 25 a 40 horas

40

60

De 15 a 24 horas

30

45

Para superaren as probas de avaliación, os alumnos deberán responder de forma correcta a un 70 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

4. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que dá acceso á zona de matrícula.

5. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

6. As persoas que se inscriban e non se presenten ás probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia .

2. Este certificado equivale a un de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación.

ANEXO III

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/modalidade

Datas

Data proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

UN16017

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

5.9.2016

25.9.2016

28.9.2016

Proba de avaliación

16.30 h

UN16018

A transparencia da Administración e os mecanismos de información

50

15

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

10.10.2016

24.10.2016

26.10.2016

Proba de avaliación

16.30 h

UN16019

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

26.10.2016

19.11.2016

23.11.2016

Proba de avaliación

16.30 h

UN16020

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

26.10.2016

19.11.2016

23.11.2016

Proba de avaliación

17.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

UN16022

Protocolo

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

5.9.2016

25.9.2016

28.9.2016

Proba de avaliación

17.30 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

UN16023

Xestión de proxectos I+D+I no horizonte 2020

30

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

9.11.2026

28.11.2016

2.12.2016

Proba de avaliación

16.30 h

Portal de idiomas

UN16021

Lingua inglesa

50

80

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

7.9.2016

28.11.2016

1.12.2016

Proba de avaliación

18.00 h

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

UN16047

Xestión de documentos dixitais nas administracións. Rexistro electrónico. Dixitalización, identificación e autenticación

20

15

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Presencial

2.11.2016

16.11.2016

16.11.2016

Clases presenciais

17.00 a 20.00 (luns e mércores)

Bibliotecas

UN16016

A atención ao usuario na biblioteca híbrida

25

12

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Presencial

18.10.2016

27.10.2016

27.10.2016

Clases presenciais

17.00 a 20.00 (martes e xoves)

Programa de autoformación

UN16024

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos - Contidos

999

25

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16026

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office) - Contidos

999

30

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16028

Cambio e motivación nas organizacións - Contidos

999

25

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16030

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos - Contidos

999

20

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16O32

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito - Contidos

999

24

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16034

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contidos

999

25

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16036

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Contidos

999

20

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16038

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público. Contidos

999

25

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16040

Responsabilidade patrimonial da Administración pública - Contidos

999

25

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16042

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos - Contidos

999

15

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16044

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa - Contidos

999

25

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

Autoformación

UN16025

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos - Proba de avaliación

100

25

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

13.10.2016

17.00 a 20.00 h

UN16027

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office) - Proba de avaliación

100

30

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

19.10.2016

17.00 a 20.00 h

UN16029

Cambio e motivación nas organizacións - Proba de avaliación

100

25

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

18.10.2016

17.00 a 20.00 h

UN16031

Iniciación á administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos - Proba de avaliación

100

20

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

14.10.2016

17.00 a 20.00 h

UN16O33

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito - Proba de avaliación

100

24

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

11.10.2016

17.00 a 20.00 h

UN16035

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Proba de avaliación

25

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

25.10.2016

18.30 a 20.00 h

UN16037

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Proba de avaliación

20

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

24.10.2016

17.00 a 20.00 h

UN16039

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público. Proba de avaliación

25

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

25.10.2016

17.00 a 18.30 h

UN16041

Responsabilidade patrimonial da Administración pública - Proba de avaliación

25

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

10.11.2016

17.00 a 20.00 h

UN16043

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos - Proba de avaliación

15

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

6.10.2016

17.00 a 20.00 h

UN16045

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa - Proba de avaliación

25

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

17.10.2016

17.00 a 20.00 h