Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria documentalmente simplificada, para a subministración de dous tractores para centros dependentes da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (expediente 28/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de dous tractores para centros dependentes da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de entrega será dun mes desde a sinatura do contrato. O tractor remolque e fresa será entregado no Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (CREAG) e o outro tractor no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 16700000-2

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 90.909,09 €. IVE (21 %): 19.090,91 €. Importe total: 110.000,00 €.

Valor estimado: 90.909,09 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nos puntos I e J da carátula.

7. Garantías exixidas: definitiva: polo 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/981 54 47 29 (consultas administrativas) 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=35938

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico enriba sinalado.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 8 de agosto de 2016.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural