Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se notifica á persoa interesada o requirimento de documentación en relación co expediente de subvención 15150073/2016.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, o requirimento de emenda de documentación en relación ao expediente de subvención número 15150073/2016. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase ao interesado de que, se non emenda a falta ou xunta os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: 15150073/2016.

Interesada: Trazogal, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa da Igrexa, Galerias Incarrsa, local 9, 18, 15100 A Coruña.

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 23 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.